O PP de Nigrán traslada a churrascada popular a Camos por ameaza de choiva

A previsión de choiva obriga aos Populares de Nigrán a trasladar a tradicional churrascada popular en Montecastelo ao Centro Cultural de Bolos de Camos, en San Roque, este domingo, 19 de maio a partir das 14.00 horas. O pavillón onde se celebrará o evento, da comisión de festas, está cuberto e dispón de cafetería e servizos, un espazo ideal para gozar dun bo churrasco en compañía de amigos e familiares sen preocuparse pola choiva. O prezo por persoa é de 10 euros. Ademais, os Populares de Nigrán estarán arroupados por Alberto Núñez Feijóo, Alfonso Rueda e Ana Pastor. Máis información e reservas no 986 352 223.

Anuncios