Anuncios
Ticker de novas

A Festa da Arribada estreará a nova Oficina de Turismo de Baiona

O Concello Baiona estreará a súa nova Oficina de Turismo o próximo 17 de febreiro co obxectivo de estar totalmente operativa na XXII Festa da Arribada que se celebrará entre o 3 e o 5 de marzo.

Así o informou este xoves o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, a preguntas da oposición no pleno municipal do mes de febreiro. “A nova oficina estará a pleno rendemento na Festa da Arribada despois de que celebremos o 17 de febreiro a inauguración coa presenza da directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro”, explicou o rexedor.

A instalación, que conta cunha superficie de 101 metros cadrados, construíuse cun investimento de 132.00 euros, aportados pola Axencia de Turismo de Galicia, e 4.000 para mobiliario, asumidos por parte do Concello de Baiona.

A Oficina de Turismo de Baiona, unha das poucas de Galicia que permanece aberta durante todo o ano, está situada na Avenida Arquitecto Jesús Valverde, fronte ao Pozo da Aguada, vén a substituír á anterior oficina de apenas 25 metros e colocada preto da entrada do Parador Conde de Gondomar.

O recoñecemento oficial como ruta xacobea do Camiño Portugués pola Costa, no que Baiona é epicentro, incrementou considerablemente nos últimos meses a afluencia de peregrinos á oficina turística, que tamén constata un aumento dos visitantes de nacionalidade estranxeira.

Vaso oficial

Por outra banda, o Concello de Baiona xa acordou coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba) o novo vaso oficial que vén a substituír os envases de cristal e barro de edicións anteriores.

A 1ª Tenente de Alcalde, María Iglesias, xa acordara o pasado mes de xaneiro cos representantes de Aceba unificar os envases que utilizarán todos os establecementos. Desta forma, quedarán eliminados tanto os vasos de cristal como os de barro que se viñan empregando ata agora e dende esta edición haberá un envase de cartón reciclado para todos os negocios.

“Por unha banda unificaremos a imaxe da festa pero sobre todo facilitaremos a recollida do lixo, posto que tanto os cristais coma o barro ensucian moito e complican bastante máis a reciclaxe que o papel”, apuntou a primeira Tenente de Alcalde.

2017-01-27-image_gallery-001

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.