Anuncios
Ticker de novas

Trilitrate abre este venres o I Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe

Este venres 3 de febreiro comeza o I Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe, en Gondomar, organizado polo Departamento de Música do centro, que se celebrará o primeiro venres de cada mes, de febreiro a xuño.

O primeiro grupo será Trilitrate, formado por Elena Vázquez (violín), Rubén Abad (guitarra-ukelele) e Marcos Padrón (acordeón), presentando o seu novo disco, titulado “Frutal Death”. O concerto comezará ás 20:30 horas no Salón de Actos do Instituto.

Donativo 5 euros. Apertura de portas ás 20:00 horas. Ademais, haberá servizo de cafetería, catering e merchandising.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.