Anuncios
Ticker de novas

Nigrán abre o prazo de inscrición para o concurso de comparsas de entroido

O Concello de Nigrán abre ata o 17 de febreiro (inclusive) o prazo de inscrición no concurso de comparsas, que terá lugar o sábado 25 de febreiro ás 20.00 horas. En total, haberá 2.850 euros repartidos en nove premios (600, 500, 400, 350, 300, 250, 200, 150 e 100 euros) e cada unha das comparsas pertencentes a asociacións culturais, deportivas e veciñais do municipio percibirán unha dotación adicional de 300 euros.

As bases mantéñense coma o ano anterior, así, as agrupacións deben contar cun número de participantes superior aos 20 membros, dos cales un mínimo de dez terán que ser adultos. Para poder optar aos premios é requisito indispensable inscribirse previamente no Rexistro do Concello (de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas) coa documentación pertinente (ficha de inscrición cuberta, fotocopia do CIF ou DNI, certificado de conta bancaria ou xustificante de estar ao corrente tanto en Facenda coma na Seguridade Social).

O Concello mantén a súa aposta de celebrar o desfile á noitiña e polo centro urbano. Así, este terá lugar o sábado 25 de febreiro ás 20.00 horas partindo da rúa Telleira, percorrendo Rosalía de Castro ata a estrada do Ceán, sendo a actuación de cada comparsa á altura da Casa Consistorial. Ao remate da última actuación terá lugar a entrega de premios. Se a previsión meteorolóxica fose adversa para ese día o desfile trasladaríase para o venres 3 de marzo (abriríase un novo prazo de inscrición).

O sorteo da orde de saída celebrarase o xoves 18 de febreiro no salón de plenos municipal ás 12.00 horas. O xurado, pendente da súa designación, terá en conta para a concesión dos galardóns a orixinalidade, o vestiario, a actuación e o número de participantes de cada comparsa. Pode quedar deserto algún premio e de haber menos comparsas que premios o número destes axustaríase.

As bases están a disposición dos interesados na Oficina de Atención ao Cidadá do Concello, no Departamento de Cultura ou na web municipal.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.