Mañufe celebra a Romaría de San Blas

A parroquia gondomareña de Mañufe celebra este venres a Romaría de San Blas. Haberá Misas pola mañá cada hora desde as 8 ata as 11, comezando a Solemne ás 12:30 horas seguida de procesión. Pola tarde, as Misas serán tamén cada hora desde as 17 ata as 20 horas. En todas as Misas farase a bendición do pan e outros alimentos.

Pola mañá actuará a Charanga Cantos Somos de Tui, que acompañará ademais a procesión, e pola noite, os grupos folk Tradisón e Pepelau amenizarán a festa, a partir das 21:30 horas.

Festa das Candeas

O xoves 2 de febreiro celebrarase a Festa das Candeas, con Misa e bendición das velas ás 18:45 horas.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.