Anuncios
Ticker de novas

Gondomar Concello Aberto pide a restitución do servizo de fax no Xulgado de Paz

No Xulgado de Paz de Gondomar aténdese calquera cuestión rexistral que lle expoñan as veciñas e veciños, entre outras a expedición de certificados de nacemento, matrimonio ou defunción, xa sexa en forma literal ou de extracto así como expedicións de fe de vida ou estado civil. Tamén se tramitan expedientes de matrimonio e celebracións de voda. Inscricións de matrimonio civil ou relixioso así como a inscrición do nacemento dos fillos ou as defuncións no Concello de Gondomar.

No ámbito civil celébranse xuízos verbais sobre demandas que se refiran a reclamacións de cantidades non superiores aos 90€, actos de conciliación na orde xurisdicional e ditado de dilixencias por auxilio xudicial.

No mes de Nadal, segundo denuncia Pauliño del Río, Voceiro do Grupo Municipal de Gondomar Concello Aberto, o goberno municipal, sen avisar, decidiu cambiar a portabilidade do sistema de telefonía. “Como consecuencia desta modificación trocouse o seu número fixo de sempre por un número móbil. Evidentemente o fax do Xulgado deixou de funcionar”, asegura.

Un mes e medio despois o Xulgado de Paz de Gondomar segue sen ter operativo o seu fax, ferramenta imprescindible para realizar de forma correcta o seu traballo xa que a través deste se reciben os exhortos para notificacións ou citacións urxentes dos Xulgados de Vigo ou calquera outra demarcación xudicial; tampouco se poden facer peticións de expedición de calquera tipo de certificados ao Rexistro Civil; nin se poden realizar citacións de conciliacións ou mesmo realizar comunicacións varias coa Xunta de Galicia.

“A pesares das queixas da veciñanza e dos avisos realizados ao Sr. Alcalde e o seu secretario, Eladio Costas, que para máis inri exerceu de Xuíz de Paz de Gondomar durante anos, esta deficiencia está a día de hoxe sen solucionar”, sinala del Río.

Dende CABE exixen ao Alcalde unha reposición inmediata deste servizo esencial para o funcionamento do Xulgado de Paz e lle fan responsable de calquera incidencia que se produza por esta falla de dilixencia na acción municipal. “Así como faremos chegar unha queixa á Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, competente tamén na materia”, conclúe o voceiro.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.