Pedro Puy pecha este venres o ciclo de faladoiros do IEM «Galicia 2017-2020»

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza este venres día 3 de febreiro ás 20:00 horas o cuarto e último faladoiro do ciclo «Galicia 2017-2020: presente e futuro», no que intervirá o voceiro parlamentario do grupo político con representación no Parlamento Galego, Pedro Puy, do Partido Popular.

O acto será presentado por Ángel Manuel Rodal (Alcalde de Baiona) e moderará a xornada Xaime Lugilde (Licenciado en Dereito).

O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de: sector primario e secundario, lingua e cultura galega, demografía, servizos sociais, orzamentos e Galicia no Estado Español.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

Este evento será retransmitido en directo por difusión en continuo e poderá seguirse igual e indistintamente dende a web e o Facebook do IEM á hora sinalada coa colaboración de K12 Comunicación.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.