O espectáculo musical «La Reina de las Nieves» chega este venres a Baiona

Factoría Diversity presenta este venres día 3 de febreiro en Baiona «La Reina de las Nieves». Será a partir das 17:00 horas no Auditorio V Centenario.

Trátase dun espectáculo musical no que os nenos seguirán a vida dunha princesa que vive nun marabilloso Reino e que ten que ir en busca da súa irmá, que fuxiu ás montañas para protexer o seu reino dos seus perigosos poderes. Por sorte, a princesa terá a axuda dos seus mellores amigos. Ademais doutros personaxes, e entre todos, axudarán á Raíña para controlar os seus dons.

Un espectáculo cuxo principal emblema é a forza do amor entre a familia. Teatro, música e danza únense nunha gran posta en escena para transmitir valores como o respecto, a sinceridade e o amor.

As entradas anticipadas (12 euros) poden adquirirse a través da web https://www.giglon.com/todos?idEvent=la-reina-de-las-nieves—baiona. O prezo en despacho de billetes será de 15 euros. Os nenos maiores de 12 meses deben ter a súa propia entrada para acceder ao recinto.

Anuncios

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.