Anuncios
Ticker de novas

A Deputación aproba as bases das axudas para entidades con carácter social

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases da concesión de axudas ás entidades con carácter social e sen ánimo de lucro para a realización de actividades nas áreas dos servizos sociais, sociosanitarios e de xuventude na provincia de Pontevedra para o ano 2017. Unha liña de axudas ás que a institución provincial achega un total de 864.000 euros, fronte aos 700.000 euros que recibiu en 2016. Isto supón un incremento dun 23,4% fronte ao ano anterior neste programa do Servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra.

Nas bases aprobadas pola Xunta de Goberno da institución provincial regúlase a concesión das axudas económicas en réxime de concorrencia competitiva para aquelas entidades que teñan como obxectivo realizar proxectos ou actividades orientadas á intervención, asistencia, integración social e laboral e de prevención e promoción do benestar dos colectivos que, atendendo ás súas especiais circunstancias, precisan dunha maior especificación técnica e interdisciplinar na súa intervención. Estas entidades terán un prazo dun mes, a partires do día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia do extracto da convocatoria, para poderen solicitalas, ata un máximo de 6.000 euros por entidade.

Os proxectos, programas e actividades das asociacións e entidades sen ánimo de lucro deben estar dirixidas aos seguintes colectivos: á familia e á infancia, ás persoas maiores, ás persoas con diversidade funcional, aos e ás emigrantes, inmigrantes e minorías étnicas, ás persoas en risco de exclusión social, ás persoas que sofren de drogadiccións e outros trastornos aditivos, á xuventude, aos asuntos sociosanitarios e, ademais, a aqueles outros problemas que poidan ser obxecto de intervención social.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.