Anuncios
Ticker de novas

Akerman enche de novo na apertura do Ciclo de Conferencias de Saúde e Benestar de Baiona

Javier Akerman volveu a triunfar ante o público na segunda edición do Ciclo de Conferencias de Saúde e Benestar organizado polo Concello de Baiona. O naturópata vigués foi o encargado de abrir este venres as xornadas no salón do Parador Conde de Gondomar e logrou de novo encher o auditorio, tal e como sucedera hai un ano na Capitanía Marítima.

A charla inaugural de Akerman versou sobre a “Conexión mente, cuerpo y emociones. La sanación interior con emociones específicias” e durante case dúas horas o público atendeu as interesantes explicacións do naturópata.

Tras esta conferencia, a quenda será para a nutricionista baionesa Gloria Pérez, que o próximo día 17 de febreiro, xa no Museo da Navegación, dará unha conferencia titulada “La medicina del amor para alcanzar el bienestar”.

As seguintes conferencias, todas elas no Auditorio do Museo da Navegación, serán o 17 de marzo (Moisés López), o 21 de abril (María Jesús Alfonso), o 26 de maio (Gerardo Miniño) e pecharanse o 16 de xuño (Roberto López).

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.