Anuncios
Ticker de novas

Gondomar declara o ano 2017 “Ano do Conde de Gondomar”

O pleno da corporación municipal de Gondomar aprobou este xoves cos votos a favor de todos os grupos, a excepción de Gondomar Concello Aberto, que se abstivo, a declaración do 2017 como Ano do Conde de Gondomar, coincidindo cos 400 anos do seu nomeamento como primeiro Conde de Gondomar por Felipe III e o 450 do seu nacemento.

Para o goberno municipal o Conde de Gondomar Don Diego Sarmiento de Acuña é un dos personaxes mais relevantes do Val Miñor. Ostentando cargos como o de capitán de Baiona, pola súa defensa da costa atlántica nas numerosas contendas contra Francis Drake; por impedir en reiteradas ocasións a conquista da baía de Baiona ou as Illas Cíes e a salvagarda da cidade da Coruña.

Así mesmo Don Diego foi embaixador en Londres durante o reinado de Jacobo I, sendo gran impulsor de pactos políticos entre a coroa española e Inglaterra; e un dos máis recoñecidos politólogos e diplomáticos da época. Posuía Don Diego unha das bibliotecas máis importantes do reino de España con máis de 15 mil exemplares no seu haber, doada na súa maioría á Biblioteca do Palacio Real polos seus herdeiros. Actualmente figura como correxidor perpetuo de Valladolid e de Toro. Encóntrase sepultado na cripta de San Benito el Viejo, en Valladolid.

Con motivo da declaración do Ano do Conde de Gondomar o Concello de Gondomar levará a cabo numerosos actos de recoñecemento institucional. Entre eles, un gran acto no mes de xuño onde se espera contar coa presencia do presidente da Xunta, da presidenta da Deputación de Pontevedra, e dos alcaldes do Val Miñor, Valladolid e Toro así como representantes do Ministerio de Cultura e da Casa Real.

Ademais levarase a cabo un ciclo de conferencias en torno á traxectoria do Conde, a súa labor diplomática, de escritor e de defensor de idioma galego e de Galicia, así como a faceta musical coas partituras que lle acompañaron nas súas viaxes.

Para conmemorar esta celebración o Concello de Gondomar colocará na súa documentación oficial, o gravado do Conde que actualmente encóntrase custodiado na Biblioteca Nacional.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.