Sin categoría

Misa e procesión na honra de Santa Isabel en Baiona

A Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona celebra este xoves 4 de xullo a Solemnidade de Santa Isabel. Con motivo da conmemoración do seu 450 aniversario a súa patroa sairá por primeira vez en procesión. Ás 18:00 horas celebrarase unha Misa cantada polo Coro Parroquial de Baiona na Capela da Misericordia. A continuación, será a procesión polas rúas do casco vello acompañada da Banda de Música de Baiona.