A PAFIF (Patrulla de Fiscal e Fronteiras) da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra inspecciona un establecemento de hostalería en Crecente, e comproba a existencia de bebidas espirituosas carentes de marca fiscal e sen acreditar a súa procedencia.
Inspeccionado o almacén do establecemento, intervéñense:
- 5 depósitos, con capacidade para 500 litros, contendo licor de herbas e augardente de bagazo.
- 1 depósito, con capacidade para 125 litros, contendo licor café.
- 3 garrafas de 16 litros cada unha contendo licor tostado.
- 8 botellas contendo licores anteriores.
Tamén se interveñen 540 marcas fiscais (precintos de alcol). A persoa responsable do establecemento manifesta que as bebidas proceden da destilación artesanal por parte dun dos seus avós. Por iso instrúese unha acta á normativa de impostos especiais, e outra por infracción á normativa sanitaria por comercializar bebidas espirituosas carecendo da correspondente etiqueta.

