A PAFIF (Patrulla Fiscal e Fronteiras) da Garda Civil de Pontevedra realiza unha inspección nunha empresa de transportes de Tomiño (Pontevedra), e comproban a existencia dunha instalación de hidrocarburos formada por dous depósitos. O primeiro 1.000 litros de gasóleo bonificado, e o segundo cunha capacidade de 5.000 litros de gasóleo. Inspeccionados os vehículos estacionados no recinto da empresa, compróbase que dous deles contiñan gasóleo bonificado.
Por iso instrúense distintas actas por infracción á normativa de impostos especiais:
- 1 acta por infracción ao art. 15 Lei 38/92 de Impostos Especiais, por non acreditar o uso e destino do gasóleo bonificado, procedéndose ao seu precinto.
- 2 actas por infracción ao art. 54 Lei 38/92 de Impostos Especiais, por uso indebido de gasóleo bonificado.
Tamén se instrúe unha acta por infracción á Lei 21/92 de Industria por non acreditarse autorización para a súa instalación, carecendo das revisións periódicas, así como dos medidas contraincendios, ademais obsérvanse fugas de combustible na instalación.
Das xestións practicadas, constátase que o gasóleo, tanto A como B, procede dunha estación de servizo da mesma localidade, á que se lle instrúe tamén unha acta por infracción á Lei 34/1998 do sector de hidrocarburos por subministración dos mesmos a instalacións non autorizadas que carecen de condicións técnicas e ambientais.

