Sin categoría

Vilaza celebra as festas de San Antón e o Señor

A parroquia gondomareña de Vilaza celebra a próxima fin de semana as festas na honra de San Antón e o Señor. A programación prevista arrancará o venres 5 de xullo ás 19:00 horas cunha Misa por todos os defuntos da parroquia e, a partir das 23:00 horas, verbena amenizada polo grupo América de Vigo e o trío D’Líder.

O sábado día 6 a partir das 15:00 horas a Comisión de Festas percorrerá a parroquia para a recollida de ofrendas para as “poxas”. Ás 19:15 celebrarase unha Misa na honra de San Antón, e a continuación, terán lugar as tradicionais “poxas”. Ás 23:00 horas, gran verbena amenizada pola orquestra La Travesía e o grupo La Nave.

O domingo 7 de xullo a partir das 10:00 da mañá a charanga Vai de Baile ofrecerá un pasarrúas. Ás 11:00 horas celebrarase a Misa Solemne na honra do Señor, seguida de procesión acompañada pola charanga, que actuará ao finalizar. Ás 18:00 horas serán as tradicionais cucañas.