Sin categoría

Baredo celebra as festas da Virxe da Cela

A parroquia baionesa de Baredo celebra a próxima fin de semana as festas na honra da Virxe da Cela. A programación comezará o sábado 6 de xullo ás 16:30 horas cun pasarrúas polos barrios da charanga Vai de Baile. Pola noite, a verbena estará amenizada polo dúo Oro Negro e a orquestra Saudade.

O domingo día 7 ás 13:00 horas celebrarase unha Misa Solemne na honra da Virxe da Cela cantada polo Coro Ecos do Castelo seguida de procesión acompañada pola Banda de Música de Baiona. A continuación, bailarase a Danza das Espadas. Ás 18:00 horas disputarase un partido de fútbol de solteiros contra casados, e pola noite, gran verbena a cargo do trío Adrede e a orquestra Ritmo Joven.

O luns 9 de xullo ás 11:00 da mañá haberá un pasarrúas da charanga Imperiais. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne cantada pola Coral de Baredo seguida de procesión acompañada pola charanga. Ás 17:00 horas terán lugar as cucañas para nenos e pola noite, o grupo Ritmo e a orquestra Solara amenizarán a gran verbena fin de festa.