Sin categoría

Nigrán ofrece unha excursión ao parque acuático de Amarante en Portugal

O Concello de Nigrán ofrece o vindeiro domingo día 7 de xullo a súa habitual excursión ao parque acuático de Amarante (Portugal).

Os interesados deben inscribirse este mércores 3 e xoves 4 na Oficina de Atención Cidadá no Concello de Nigrán (de 9:00 a 13:30 horas), onde terán que abonar a cantidade de 20 € para maiores de 12 anos e 13,52 € para nenos de entre 5 e 12 anos. Os menores de 5 anos irán gratis. O importe deberá ser abonado con tarxeta bancaria para facilitar a inscrición e ser máis áxil o proceso. O Concello asume integramente o custe da viaxe en autobús.

A saída será o día 7 de xullo desde a Casa do Concello ás 9:30 e a chegada está prevista para as 22:00 horas aproximadamente. Non está permitido entrar no aquapark con aparellos de praia, vidros ou cubertos de metal, podéndose levar a comida da casa (dispón de zonas para picnic).

O parque acuático de Amarante está situado a 60 km do Porto e conta con tres impresionantes tobogáns, varias piscinas de diferente tipo, pistas rápidas e zona de solarium.