O Concello de Nigrán ofreceu un obradoiro de pintura interxeneracional dirixido a que maiores e cativos compartan o seu tempo de lecer e aprendan conxuntamente. Esta actividade, que xa se estreou con gran éxito no Nadal, estivo dirixida pola pintora e ilustradora Laine Villero, celebrándose do 24 ao 28 de xuño no Local Social de Vilaméan con todas as prazas cubertas. Durante dúas horas cada un dos grupos inscritos pintou conxuntamente o seu propio lenzo, todo de xeito gratuíto, xa que os materiais estiveron incluídos.
Grande éxito dos obradoiros de pintura interxeneracionais en Nigrán

