Este sábado 29 de xuño ás 22:00 horas a Praza do Concello de Baiona acolle o 8º Festival Folclórico Vila de Baiona, organizado pola Asociación Folclórica Vila de Baiona.
As e os asistentes poderán gozar do mellor baile e música folclórica tradicional. Entre os grupos participantes atópanse o Grupo Folclórico Aliso de Aliseda (Cáceres), a propia Asociación Folclórica Vila de Baiona, as Pandereteiras de Monte Boi e A Seneira.
Desde a Asociación Folclórica Vila de Baiona presentan unha cartelería moi especial e inclusiva: o cartel incorpora un código QR para discapacitados visuais. Ao activalo, enlaza ao YouTube da asociación, onde se pode escoitar a información do cartel.

