Sin categoría

O alcalde de Baiona visita a unha delegación da Real Federación Galega de Fútbol

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, visitou a unha delegación da Real Federación Galega de Fútbol que se atopa concentrada no Hotel Talaso Atlántico. O rexedor baionés quixo desta forma mostrar o seu apoio a esta modalidade do deporte galego que se atopa realizando xestións para a preparación da próxima tempada.

O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, foi o encargado de facerlle entrega ao alcalde dunha camiseta co seu nome. O rexedor correspondeu eloxiando o traballo da Real Federación e desexándolle moita sorte na próxima tempada.