Sin categoría

Experiencia Grow Up 2024 reúne en Zona Franca a máis dun centenar de profesionais do márketing e a comunicación

Más dun centenar de profesionais do márketing e a comunicación participaron hoxe en Experiencia Grow Up 2024, un evento de referencia sobre este sector estratéxico que sitúa a Vigo no epicentro da industria do márketing e que celebrou a súa terceira edición na sede do Consorcio da Zona Franca de Vigo na rúa Areal.

Experiencia Grow Up, que contou co apoio do Consorcio da Zona Franca de Vigo, de ClickAge e de Raiola Networks, estivo baseado en tres premisas: a experiencia dos casos de éxito, a aplicación práctica dos coñecementos en márketing e o networking.

Nesta cita de referencia para os profesionais e empresas que queren manterse á vangarda do márketing, que tamén foi retransmitida vía streaming, participaron como relatoras Diego Ruiz, Agency Development Manager en Google; Emanuele Riccioti, CEO da axencia de márketing ClickAge; Sergio Ramírez, CMO de Raiola Networks; Lorena Poza Díaz, Directora de Marketing en Bizum; Sara Torreiro, responsable de Marketing en Casa Grande de Xanceda; Angélica Falagán, Directora Espaço Guimarães en Klépierre Iberia & Líder Comité Centros Comerciais Women in Retail; Jorge Bialade, Head of Growth de Velca; Lucas González, cofundador de Fresh Greens; e Silvia Martí Ferrer, Directora de Marketing e Comunicación de EasyPromos.

Como crear unha Love Brand, o caso de Casa Grande de Xanceda; as promocións dixitais como ferramenta para captar leads e xerar compromiso; tendencias en IA & Data aplicadas a negocio e márketing dixital; o caso de éxito de Bizum; o customer journey; a creatividade en centros comerciais como ferramenta para crear accións innovadoras que logren conectar co público; o caso de éxito de Velca, segunda marca máis vendida en España de motos eléctricas; e o caso de éxito de brand building de Fresh Greens foron os temas protagonistas desta terceira edición de Experiencia Grow Up 2024.