Os programas socioeducativos “Visita o teu Súper” e “Mates no teu Súper” que Vegalsa-Eroski organiza a través das súas insignias hipermercados Eroski e supermercados Eroski Center están de aniversario. A compañía galega de distribución alimentaria cumpre dez anos desde a posta en marcha de ambas as dúas iniciativas, coas que se propuxeron sensibilizar aos futuros clientes en hábitos de vida saudable e fomentar comportamentos de consumo responsables, así como incentivar unha aprendizaxe diferente achegando a súa rede de supermercados aos escolares de primaria a través da organización destas visitas guiadas tan especiais.
“Ambos os dous programas naceron co obxectivo de poñer ao dispor da comunidade educativa acciones socio-pedagóxicas próximas, didácticas e gratuítas nas que os alumnos puidesen aplicar os coñecementos adquiridos en clase nun espazo tan común como é o supermercado, ademais de sensibilizar en idades temperás sobre a importancia de levar unha alimentación equilibrada e adquirir uns hábitos de vida saudable. Estamos moi contentos de cumprir xa dez anos achegando os nosos establecementos aos colexios con estas visitas guiadas, nas que percorremos todas as seccións das nosas tendas e que finalizan cunha merenda saudable a base de froita fresca e de tempada” explica a coordinadora de ambos os programas en Vegalsa-Eroski, Eva Capelete.
Desde o inicio das primeiras visitas, durante o curso escolar 2013/2014 e ata a actualidade, participaron un total de 25.372 alumnos galegos nos 974 obradoiros prácticos realizados, nos que se repartiron máis de 20 toneladas de froita fresca.
O “cole” seguirá visitando o “súper”
A través das actividades “Visita o teu Súper” e “Mates no teu Súper” trabállanse aspectos relacionados co currículo escolar, ademais de competencias matemáticas, de comunicación, saúde, nutrición e autonomía, ofrecendo unha proposta didáctica completa e interesante. “Por iso é polo que, cada ano, poñamos ao dispor dos centros educativos material didáctico gratuíto elaborado por distintos expertos seguindo as directrices do Ministerio de Educación Cultura e Deporte, e a posibilidade de realizar obradoiros prácticos nas nosas tendas, achegando tanto a profesores como aos alumnos o poñer en práctica as habilidades aprendidas, dando sentido aos contidos matemáticos, coñecendo a súa aplicación e funcionalidade”, comenta Eva Capelete.
Durante o curso escolar 2023/2024, que acaba de finalizar, 2.619 escolares de 65 centros educativos participaron nas 107 visitas organizadas no marco destas actividades socioeducativas, que comezaron o pasado mes de outubro. En setembro, co inicio do novo curso, a compañía galega de distribución seguirá levando a cabo estes programas aos que poden acceder todos os centros educativos interesados, poñéndose en contacto coa compañía a través de visitatusuper@vegalsa.es.
Estas e outras iniciativas enmárcanse no compromiso adquirido por Vegalsa-Eroski coa promoción de hábitos de vida saudable e que forman parte dos tres piares fundamentais da estratexia de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) da compañía, xunto á acción social -centrada na doazón de alimentos e colaboración con entidades sociais para contribuír ao fin das desigualdades- e o coidado do medio ambiente, a través da loita contra o desperdicio alimentario.

