Sin categoría

Unha persoa tivo que ser rescatada tras caer ao mar cando estaba remando na Guarda

Unha persoa tivo que ser rescatada tras caer ao mar cando estaba remando na Guarda. O varón, desorientado, caeu á auga en repetidas ocasións.

Minutos despois das 18:00 horas, un particular chamou ao 112 Galicia para informar dunha persoa sobre unha táboa de pádel surf que caera á auga, preto da praia de Lamiña, e non era quen de subir de novo.

Desde o 112 Galicia avisouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros do Baixo Miño, Grupo Acuático dos GES da Guarda, Policía Local e Garda Civil de Pontevedra. Tamén tivo constancia dos feitos a Comandancia Naval do Miño.

Logo de que se mobilizasen os servizos de emerxencias e conseguisen localizar á persoa, xa de novo sobre a súa táboa, esta foi auxiliada polos membros do GES ata a ribeira portuguesa, atopándose en bo estado.