Sin categoría

Xeira nocturna en barco polo Mar de Panxón

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza o venres 19 de xullo una Xeira nocturna en barco polo Mar de Panxón, con saída ás 22:00 horas desde o peirao de Panxón e regreso ás 00:00 horas. O embarque comezará ás 21:30 horas. Será un paseo marítimo nocturno para ver as Illas Estelas, a costa da baía de Baiona, Monteferro, as Cíes e os montes do Val de Miñor dende unha visión acompañada de relatos da historia de naufraxios e o mundo do mar, baixo a guía de Xosé Lois Vilar Pedreira.

A data límite para confirmar inscrición é o martes 16 de xullo ás 13:00 horas. É obrigatorio poñer o nome, apelidos e DNI de cada persoa asistente. Non se fará reserva de prazas sen previa confirmación do pagamento. Se non se chegaran a cubrir 150 pasaxes, a organización podería anular a xeira e reembolsaríase o prezo dos billetes abonados descontada a comisión bancaria por transferencia.

O prezo da viaxe é de 18 € para o público en xeral e de 15 € para os socios do IEM. A única forma de inscribirse é a través da páxina web do IEM.