O sábado 29 de xuño o Club Subacuático Pérez Sub, en colaboración co Concello de Baiona, celebra o 6° Open de Pesca Subacuática Vila de Baiona, coa participación de máis de 50 deportistas chegados de toda Galicia e mesmo de comunidades como Cantabria, Asturias e País Vasco.
A proba celebrarase en augas de Cabo Silleiro cunha duración de 5 horas. Finalizada a mesma, procederase á pesada no Paseo Ribeira entre as 16:30 e 17:00 horas para determinar aos vencedores.
Entre os participantes teremos á recente campioa absoluta de pesca submarina de España, Soraya Hermida, así como a terceira clasificada do mesmo campionato, Isabel Arroyo. Todas as capturas serán integramente doadas á ONG Ayuda al Mundo Necesitado de Baiona.

