O Concello de Nigrán e a Asociación Cultural “Ferro Vello” poñen en marcha a 1ª Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage de Nigrán. Porcelana, cadros, gramófonos, discos, arte sacra, pezas de Sargadelos, reloxos, medallas ou decoración rural, son só algúns exemplos do que nos poderemos atopar esta fin de semana no Pavillón de Panxón.
O sábado 29 e o domingo 30 de xuño daranse cita 37 expositores chegados de todas as provincias galegas, Asturias, Cantabria, Bilbao, León e Portugal. Encherán de pezas os máis de 1.400 metros cadrados que contén o recinto. A entrada será gratuíta e o horario será igual para as dúas xornadas: de 10:00 a 14:30 horas pola mañá e de 16:30 a 21:00 horas de tarde.

