A Garda Civil detén a un home como presunto autor de 6 roubos en gasolineiras e un auto lavado de coches, onde forzaba as máquinas de moeda. Recíbense durante os meses de maio e xuño no Posto da Garda Civil de Gondomar varias denuncias presentadas polos propietarios de dúas estacións de servizo, denunciando 3 roubos con forza no moedeiro do lavado de coches nunha delas e 2 roubos co mesmo sistema noutra, e un sexto roubo nun auto lavado no que subtraen os caxetes de moedas das aspiradoras.
O diñeiro subtraído, xunto cos danos efectuados, ascende a 9.700 euros. Iníciase unha investigación e tras diversas pescudas conclúese coa detención dun home de 42 anos, veciño da localidade de Gondomar, e con numerosos antecedentes policiais por delitos de características similares. O detido, xunto coas dilixencias, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución N.º 4 de Vigo que decretou a súa liberdade con cargos.

