Sin categoría

Chaín celebra as festas da Virxe da Merced

A parroquia gondomareña de Chaín celebra a próxima fin de semana as festas na honra da Virxe da Merced. A programación prevista comezará o venres 28 de xuño ás 22:00 horas con verbena a cargo da orquestra Triunfo e o grupo La Banda de Ayer.

O sábado día 29 ás 20:30 horas terá lugar a Procesión do Encontro acompañada polo grupo de gaitas “A Merced” de Chaín e a continuación unha Misa. Ás 21:30 horas celebrarase unha gran sardiñada, na que tamén se poderán degustar chouripáns, empanada e bocadillos, todo a prezos populares, amenizada pola charanga Vai de Baile e o Grupo de Gaitas “A Merced” de Chaín. A noite finalizará coa actuación de DJ Fercho a partir das 23:45 horas.

O domingo 30 de xuño ás 13:15 horas celebrarase a Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica “A Merced” de Chaín. Os festexos chegarán ao seu fin con cucañas e inchables gratis desde as 17:00 horas.