Sin categoría

ViaExterior impulsa a internacionalización de 120 empresas galegas

Coa clausura da 6ª edición de ViaExterior, o Consorcio da Zona Franca de Vigo alcanzou un novo fito na súa misión de fomentar a internacionalización das pemes galegas. A aceleradora apoiou xa a 120 empresas no seu esforzo por acceder a mercados internacionais mediante formación, dinámicas prácticas, coaching, mentoring, intelixencia competitiva e asesoramento personalizado.

ViaExterior contou cun equipo multicultural de máis de 30 profesionais especializados en comercio exterior e outras áreas de mellora empresarial como por exemplo a fiscalidade, negociación intercultural ou o márketing.

Desde a quinta edición, incorporáronse expertos en perspectiva de xénero e sustentabilidade. O programa tamén recibiu o apoio de organismos públicos como a Cámara de Comercio, ICEX e IGAPE, que brindaron información sobre os recursos dispoñibles para a internacionalización das empresas.

Participantes

Nesta 6ª edición, 20 empresas foron seleccionadas, incluíndo AMV Soluciones, AUSIMA, Cachanpesca, Centro Lingoreta, Chess Excelsior España, Chill&Buy, Cíclope Camper, El Nogal, Eva Castro Baby, Fio Textil, Galoha, Industrias Guerra, Ingeniería y Montajes Rías Bajas, José Fernández Piñeiro, Kelttia Natural Stones, LetsGoNotes, Maderas Pérez Giménez, Sequentur, Silvalvi e Sweet Paripé.

Destas, o 25% pertencen ao sector téxtil-moda, o 15% ao agroalimentario, o 15% ao tecnolóxico, e o resto a sectores industriais, educativos, madeira, pedra natural, electricidade e camperización.

No acto de clausura, todas as empresas participantes presentaron os seus proxectos de internacionalización, traballados no programa, ante entidades de financiamento e investimento, ademais de organismos públicos. Neste sentido, como El Nogal, empresa de froitos secos consolidada no ámbito internacional, abrirán mercado en China en 2024 grazas á certificación que conseguiron para poder vender no xigante asiático.

Doutra banda, empresas como LetsGoNotes, pretenden conquistar o mercado estadounidense e alemán co seu innovador concepto de microventosas para post-its reutilizables. Estes son só dous exemplos do alto potencial das empresas que integran esta edición de ViaExterior.

Actividades de networking

O programa formativo de ViaExterior incluíu un completo calendario de actividades de networking, coa participación de empresas de edicións anteriores e visitas ás súas instalacións. Estas actividades facilitaron o intercambio de coñecementos e a colaboración entre os participantes, como foi o caso de empresas como Representaciones Celso Isla e Seven Peaks, da edición anterior. Doutra banda, Sweet Paripé desenvolveu un novo proxecto para Turismo de Cabo Verde da man do xerente de AUSIMA.