Este luns, día 24 de xuño, o barrio baionés de San Xoán celebrará a festividade do seu patrón. Ás 10:00 da mañá haberá unha Misa na Capela de San Xoán. Ás 19:30 sairá a procesión desde a Capela ata a Igrexa Parroquial. O percorrido será polas rúas Diego Carmona, Laxe, San Xoán e Santa Liberata. Ás 20:00 horas comezará a Misa Solemne cantada polo Coro Parroquial e tras a súa celebración, a imaxe recollerase novamente na capela deste tradicional barrio da Vila.
O barrio baionés de San Xoán celebra a festividade do seu patrón

