Sin categoría

Baiona celebra a noite de San Xoán con sardiñada, fogueira e música

Este domingo, 23 de xuño, o Concello de Baiona organiza con ACEBA (Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona), unha sardiñada, unha fogueira e música para celebrar a noite de San Xoán na Praia Ribeira. A celebración comezará a partir das 19:00 horas con música a cargo dun DJ. Desde as 21:00 horas haberá unha sardiñada e ás 00:00 horas terá lugar o acendido da fogueira.