Sin categoría

O musical “Camiñantes e Cantantes” chega a A Guarda

“Camiñantes e Cantantes”, o musical dos Camiños a Santiago, chega este venres nas vésperas de San Xoán a A Guarda. La Ocaband, como banda sonora, Manuel Manquiña, Pepo Suevos e Pili Pampín como parte do show, farán as delicias do público asistente. Será a partir das 22:00 horas na Alameda de A Guarda, organizado polo Concello, Xunta de Galicia e Turismo de Galicia.

A Guarda é punto de partida en Galicia do Camiño Portugués pola Costa, despois de chegar desde Viana, Caminhaa… e cruzar o Minho ata chegar a unha das vilas máis fermosas de Galicia. O camiñante percorre Oia, O Rosal, Baiona, Nigrán, Vigo… ata confluír co Camiño Portugués clásico en Redondela.

O musical foi presentado este mércores no Concello de A Guarda contando coa presencia do Alcalde, Roberto Álvarez Carrero, o concelleiro de Cultura, Celso Rodríguez Fariñas, e o director artístico do musical, Dani Dopazo.