Na tarde do pasado día 17 do mes en curso, no km. 8,000 da estrada VG-4,3 (Cambados-Vilagarcía), termo municipal de Vilagarcía de Arousa, unha patrulla do Destacamento de Tráfico de Pontevedra, procede a dar sinais de alto por unha infracción administrativa a un turismo marca Audi A-3 ocupado por dous mozos, fan caso omiso á orde de alto e emprenden a fuga a gran velocidade por varios viarios da zona de O Cornazo, en Vilagarcía de Arousa, poñendo en risco aos ocupantes de varios vehículos que circulando de forma correcta, teñen que realizar manobras evasivas para evitar unha colisión frontal.
Durante a fuxida a gran velocidade o turismo choca co peche dunha leira e continúan a fuga a pé, momento que os Axentes observan con lanzan ao Río da Lomba, un paquete que contiña dúas bolsas prensadas cheas o que supostamente se trata de marihuana, que é recuperada nese mesmo instante. Finalmente, os Axentes proceden á detención e identificación dos autores dos feitos que resultaron ser dous veciños de Vilagarcía de Arousa de 23 e 21 anos de idade.
Durante a detención tamén se intervén un arma de fogo simulada que portaba un dos implicados. O equipo GIAT do Subsector de Tráfico de Pontevedra instrúe as correspondentes dilixencias por un suposto delito Contra a Seguridade viaria e outro contra a Saúde Pública por tenencia ilícita de Drogas, poñendo tanto os detidos, como o vehículo e os efectos intervidos ao dispor do Xulgado de Garda dos de Vilagarcía de Arousa.

