A nova banda Grandío está a preparar o videoclip do seu primeiro single, unha canción que formará parte dun álbum conceptual sobre a saúde mental (ligado especialmente á ansiedade e a depresión) en xeracións Z e Millenial.
O videoclip será rodado o xoves 27 de xuño de 16:00 a 22:00 horas aproximadamente na discoteca Ramallosa 2000 (Nigrán), e buscan figuración de entre 18 e 35 anos. Non é remunerado, pero si se cobre gratuitamente un cátering de comida e bebida, así como a realización dun sorteo de 100€ en metálico entre os figurantes.
Os interesados deben contactar por correo a info@somosborneo.com ou ao Instagram @somosborneo_ e facilitaráselles unha ligazón a un grupo de WhatsApp, onde se acabarán de pechar temas de horarios, códigos de vestimenta e participación no sorteo.

