Esta semana, co último bingo da tempada de O Carme Baiona sortearanse infinidade de premios de asistencia para gastar nalgúns dos máis de 40 locais colaboradores e ademais, contarán cuns premios moi xenerosos para os asistentes.
O presidente, Diego Álvarez, lembra que este sábado pola noite sairán na Televisión de Galicia, no programa Bamboleo, onde non deixarán indiferente a ninguén. A parella que defende o bo nome de Baiona e do Carme está conformada por Diego, o presidente, e Fani, unha socia á que non se lle escapa unha.
Como afirmaron desde un principio, O Carme Baiona chegou para quedar e para cambiar a forma de facer as cousas e de entender as tradicións. Esta é a última semana de bingo e agora chega a hora de descansar ata o propio día da festa do Carme, onde estarán presentes os representantes da asociación durante as diferentes misas e procesións.
En setembro volven á carga con máis actividades e con outro ano de bingo.

