A parroquia nigranesa de Panxón celebra as festas na honra de San Xoán Bautista e a Virxe do Carme. O programa previsto comezará o domingo 23 de xuño con verbena a cargo da orquestra Solara e trío Azar. Ás 00:00 horas será o prendido das tradicionais fogueiras.
O luns día 24 ás 19:00 horas a Banda de Guerra da Brilat de Pontevedra ofrecerá un concerto e un desfile. Ás 20:00 horas comezará a Misa Solemne na honra de San Xoán Bautista cantada polo Coro Stella Maris de Panxón, seguida de procesión acompañada pola Banda da Brilat. Ás 20:00 horas tamén haberá un conto en inglés no Paseo de Panxón a cargo de Kids&Us. A verbena estará amenizada pola orquestra Ritmo Joven.
O martes 25 de xuño ás 20:00 horas a Agrupación Musical de Belesar ofrecerá un pasarrúas e ao finalizar un concerto. Ás 21:30 horas comezará a Misa Solemne na honra da Virxe do Carme cantada pola Coral Novos Aires de Nigrán, seguida de procesión acompañada pola Banda de Belesar. Ás 00:00 horas terá lugar a gran tirada de lumes de lucería. A verbena correrá a cargo do grupo América de Vigo.
O mércores día 26 será o Día do Neno.

