Sin categoría

Baiona abre a inscrición para a XIV Travesía a Nado

O sábado día 6 de xullo a partir das 17:00 horas, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, organiza na Praia da Ladeira a XIV Travesía a Nado Concello de Baiona “Gran Premio Grupo Eurored”. Trátase dunha proba de carácter mixto competindo ambos os dous sexos ao mesmo tempo e eminentemente popular primando os valores sociais e de lecer antes que o competitivo.

  • Sub 12 – 100 Metros (Nados 2012-2016) – 17:00 horas.
  • Sub 16 – 500 Metros (Nados 2008-2011) – 17:15 horas.
  • Adultos (1985-2007) e veteranos (antes 1984) – 2.000 metros – 17:30 horas.

Establécense trofeos para os tres primeiros clasificados tanto en categoría masculina como feminina e as categorías establecidas son: Sub 12, Sub 16, adultos e veteranos. Establécese tamén clasificación absoluta e clasificación para os participantes censados en Baiona. Tamén haberá premio especial para o participante máis novo e para o de maior idade. A entrega de premios amenizarase co desfrute dun chouripán, xentileza de Carrefour Market.

O prazo de inscrición finalizará o 3 de xullo ás 12:00 horas. Para formalizar as inscricións deberán realizarse a través da plataforma informática de http://www.championchipnorte.com, fisicamente no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona ou a través da APP http://www.baionacodeporte.gal.