Sin categoría

Roberto Paz e Sergio Fernández revalidan o título de campións galegos de bolo celta por parellas

Onte sábado, disputáronse en Camos (Nigrán) as finais dos Campionatos Galegos de bolo celta, modalidade por parellas de primeira e segunda categoría.

En primeira categoría, a parella Roberto Paz e Sergio Fernández do club de bolos San Cibrán revalidaron título. Os subcampións, a parella formada por Samuel Ferreira e Óscar Zapata do club de bolos Rega. Terceiros, Adrián Rodríguez e Brais García do club Belesar Urgal. Cuartos, Sergio Silva e Alberto Martínez, tamén de bolos Belesar Urgal.

En segunda categoría proclamouse campioa a parella formada por Nicolás Míguez e Pablo Ribeiro do club de bolos Baredo. Subcampioa a parella Ismael Fernández e Javier Fernández do club bolos Camos. Terceiros, José M. Posada e Brais Alonso do club Belesar Urgal. Cuartos, Álex Pino e Pablo Vasconcellos dos clubs Camos e San Roque, respectivamente.

A próxima fin de semana celebrarase o Campionato Intercontinental de bolos por seleccións no que participarán equipos de Sudamérica, Portugal e España.