Sin categoría

Ouro para a baionesa Iria Ludeña e Daniela Álvarez no Descenso do Miño

Este domingo o río Miño en Ourense foi o escenario da LV edición do Descenso do Miño de Ourense 2024. A proba reuniu a 28 equipos que competiron cun total de 217 embarcacións e 287 deportistas.

A baionesa Iria Ludeña, xunto coa súa compañeira Daniela Álvarez, logrou a medalla de ouro na categoría K2 Júnior. As deportistas do Club Kayak Tudense completaron os 7500 metros de percorrido desde Barra de Miño ata a presa de Velle en 30:59,13.

Sara García García e Daniela Paz Vázquez, do Club Ría de Betanzos, foron segundas cunha marca de 30:59,80. Pechando o podio en terceira posición, María Lata Cagiao e Noa Viqueira Miramontes, tamén do Club Ría de Betanzos, cun tempo de 31:01,38.