O Concello de Nigrán pecha este domingo 16 de xuño no muíño de Porto do Molle a exposición “A cultura do pan”, do artista vigués Antonio Abalde. A través dunha serie de cadros en óleo ou acuarela, o artista retrata diferentes muíños de Galicia (inclúe o devandito e tamén dous de Chandebrito) e a actividade, finalidade e o funcionamento dos mesmos. O seu obxectivo é ofrecer unha ollada etnográfica, polo que realizará unha visita guiada.
“Queremos que os asistentes, especialmente a infancia, aprenda a través destas pinturas a importancia destas auténticas fábricas ecolóxicas de pan”, explica Abalde, quen está presente na exposición de luns a venres de 16:00 a 21:00 horas e fins de semana de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

