O Concello de Gondomar pon en marcha dous obradoiros de debuxo, un de lettering e outro de manga, enfocados nos aspectos culturais e turísticos da localidade. Os participantes poden profundar na historia, as tradicións e as paisaxes locais, creando obras que reflictan e celebren a identidade do municipio. O Concello de Gondomar, coa organización destes obradoiros, busca non só promover o desenvolvemento de habilidades artísticas entre os participantes, senón que tamén sirva como unha ferramenta educativa que enriqueza a comprensión e apreciación do seu patrimonio cultural e turístico.
Ambos os dous obradoiros desenvolveranse do 25 ao 29 de xuño no Antigo Matadoiro Municipal de Gondomar, o de lettering de 10:00 a 11:30 e o de manga de 12:00 a 13:30 horas. A participación está aberta a maiores de 8 anos, preferentemente veciños do municipio de Gondomar. As inscricións para participar faranse mediante as oficinas de Rexistro Xeral (de luns a venres de 8:00 a 14:00 horas) ou mediante a Sede Electrónica. O prazo de presentación das solicitudes comezará o día 11 de xuño e rematará o 19 de xuño ás 23:59 horas.
Calquera dúbida ao respecto será resolta no email oficinadeturismo@concellodegondomar.gal ou nos teléfonos 986 384 020/678 874 985 de luns a venres de 8:00 a 14:30 horas.

