Sin categoría

Baiona acollerá o V Festival Varietés

Varietés nace no ano 2018 como un festival de danza en Baiona, co obxectivo de mostrar as distintas danzas do mundo ao público. A idea que perdura nesta 5º edición, é reunir a persoas afeccionadas á danza, con artistas profesionais nun mesmo escenario. Unha vez máis, este festival celébrase no Auditorio V Centenario de Baiona o día 22 de xuño ás 19:30 horas con acceso gratuíto. Nesta cita que organiza o Estudo HuslingDance, uniranse algunhas das formacións deste Estudo de danza, con artistas da talla de Reinier Powell, Ernesto Moré, Elvia Gago, Amani Deneb, Vladimir Stuzhinskiy, Manuel Dacosta ou Lara Alonso. Un evento que quere ser referente na comarca do Val Miñor, mostrando este ano danza oriental, Break, Popping, Hip Hop, danza cubana, ou Jazz entre outros.