Sin categoría

Unha tarde divertida coñecendo ás abellas en Nigrán

Os máis pequenos de Nigrán celebraron o Día Mundial do Medio Ambiente nun evento coa escritora local Soledad García. A través de doce desafíos, presentou “Versos e abellas para salvar o planeta”, o seu undécimo libro, onde as e os pequenos artistas pintaron e xogaron, aprendendo curiosidades e a importancia das abellas para o noso ecosistema. O compromiso da escritora co coidado da natureza e a defensa dos animais quedou de novo patente neste día tan especial, que comezou cunha charla divulgativa sobre o abandono animal no colexio Dr. Fleming de Vigo.