O Concello de Gondomar colabora con “Proyecto Gato” na Exposición Fotográfica “Rabuñadas”, que estará aberta no Centro Neural dende o 12 ao 27 de xuño, e que servirá para recadar fondos para esta asociación sen ánimo de lucro situada en Gondomar, e coa que o Concello colabora tamén a través dun convenio anual. Calquera persoa que se achegue poderá mercar algunha das fotografías expostas. A recadación irá integramente a beneficio desta asociación de axuda a gatos sen fogar.
Exposición fotográfica en Gondomar a beneficio de “Proyecto Gato”

