Sin categoría

Nigrán ofrece a obra “Un funeral para morrer coa risa” de Agarimo Teatro

O Concello de Nigrán ofrece este venres 7 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a obra de teatro “Un funeral para morrer coa risa”, da Asociación de Amas de Casa e Consumo “Agarimo”. A comedia, apta para todos os públicos e protagonizada por 13 persoas, a gran maioría mulleres, está dirixida por Martín Maez. A entrada é de balde ata completar aforo.