Sin categoría

XVI Torneo Solidario de Tenis Escolar en Baiona

A XVI edición do Torneo Escolar de Tenis 2024, organizada polo Club de Tenis de Baiona coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Baiona, disputarase o próximo día 8 de xuño nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes e o escolar de Cova Terreña, tendo por obxecto reforzar o programa deportivo escolar e a propia escola deportiva municipal de tenis.

O número de participantes estará moi preto dos 100, repartidos entre todas as categorías nas que se desenvolve o torneo: peques 18-19, prebenxamín 16-17, benxamíns 14-15 e alevíns 12-13. O torneo, ademais de buscar o propósito lúdico e deportivo tamén ten unha connotación social un ano máis, xa que todos os participantes farán entrega de alimentos solidarios para ser entregados á ONG local “Ayuda al Mundo Necesitado”.

O torneo desenvolverase desde as 9:00 horas, horario previsto para confirmar participantes, entrega de dorsais, localización de zonas de xogo, ata as 14:00 horas, cando se realizará a entrega de trofeos, agasallos a todos os participantes e sorteo de material deportivo. Para o seu desenvolvemento habilitáronse 4 zonas, unha por categoría, e contarase con 2 pistas de tenis e 4 de mini tenis.

Para unha maior información ou confirmar a participación contactar no teléfono 986.356.558 ou no correo deportes@baiona.org.