O Concello de Nigrán ofrece este domingo 2 de xuño ás 19:00 horas no Auditorio Municipal a obra de Vicus Teatro “Salón Alfonsina”. A entrada é de balde ata completar aforo e se encadra no convenio do Concello coa Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea). Seguindo a liña da memoria e a literatura, a compañía viguesa presenta esta peza dramática que afonda na vida e obra da poetisa arxentina vinculada ao modernismo Alfonsina Storni.
Nigrán ofrece a obra de Vicus Teatro “Salón Alfonsina”

