O Torreiro de Priegue acolle esta fin de semana, 1 e 2 de xuño, a Festa do Polbo. Durante estas dúas xornadas gastronómicas poderase saborear este tradicional prato a prezos populares, tamén haberá outras propostas como churrasco, pito picantón e chouripán. O horario do sábado será de 12:30 a 00:00 e o domingo de 12:30 a 20:00 horas.
O sábado pola tarde organizarase un torneo de futbolín ás 17:00 horas, as persoas participantes poderán inscribirse a partir das 16:00 horas no mesmo lugar. Tamén se instalará unha pantalla de proxección para gozar a final da Champions League a partir das 21:00 horas, e poderase seguir degustando da oferta gastronómica, ao finalizar o partido haberá karaoke.
O domingo na sobremesa haberá música e baile. Ás 17:00 horas organizaranse xogos infantís para a diversión dos nenos e nenas.


