Sin categoría

A baionesa Leonor cumpre 101 anos na residencia de maiores de Covelo

Leonor cumpriu este martes 101 anos en compañía do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e dos compañeiros. Esta veciña de Sabarís, Baiona, naceu e viviu sempre no seu barrio natal de Viso de Calvos xunto aos seus irmáns.

O seu ano de nacemento non se lle esquece, o 1923, tampouco o seu barrio nin a súa familia mesmo aqueles que emigraron e mándanlle o seu agarimo desde Arxentina.

O alcalde, Pablo Castillo, e a concelleira de Formación e Emprego, Lourdes Enes, no nome de toda a Corporación trasladáronlle os seus parabéns acompañados dunha cesta de flores frescas e unha torta de aniversario.