Sin categoría

V Xuntanza Terrible en Donas

TradiSón organiza este sábado día 1 de xuño a V Xuntanza Terrible. Trátase dun evento cultural e gratuíto aberto a todo o público no lugar da Casa do Pisco (Abrollido Nº 4 en Donas-Gondomar). O programa comezará ás 13:00 horas cunha sesión vermú a cargo de O Trebón dos Xidos. Ás 14:00 horas terá lugar un xantar campestre e ás 16:00 horas haberá xogos populares. Ás 18:30 horas arrancará o Serán, no que participarán os grupos Cé Orquestra Pantasma, Murga Airiños do Cereixo, Guriñas de Castromao, A Murga da Buxaina e Abóbriga. Haberá posto con bebida e comida, zona de acampada, sorteos… e unha vez rematen os concertos Foliada Libre para quen queira botar unhas peciñas.